Última horaViticultura

Proxecto para difundir a oferta enolóxica e turística galega

Turismo de Galicia vén de asinar un convenio cos representantes das asociacións das Rutas dos Viños do Ribeiro, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e Rías Baixas

convenioenoturismo

A promoción conxunta da Comunidade Autónoma de Galicia como destino turístico, promovendo e comercializando o enoturismo en Galicia. Este é o obxectivo do convenio de colaboración que na mañá do 13 de agosto asinaban en Santiago Turismo de Galicia e as Rutas dos Viños da comunidade, nun acto que foi presidido pola conselleira do Medio Rural.

A través deste acordo Turismo de Galicia e as cinco asociacións (as do Ribeiro, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e Rías Baixas) colaborarán mediante o desenvolvemento dun proxecto de verán enoturístico a través de experiencias nas Rutas dos Viños de Galicia. Realizaranse unha serie de actividades enogastronómicas e culturais que se desenvolverán nos establecementos adheridos ás Rutas dos Viños. Estas actividades deseñaranse en función das particularidades de cada establecemento e serán de diversa tipoloxía como por exemplo visitas teatralizadas, harmonías entre gastronomía e enoloxía, exposicións, concertos, etc.

A isto hai que engadirlle un Viñobus que percorrerá os territorios nas datas de celebración das actividades para acadar a participación do maior número de establecementos e participantes. Así mesmo, para a promoción dos eventos deseñarase un plan de comunicación que incluirá publicidade e comunicación en soportes convencionais e novas tecnoloxías.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close