A RúaConcellosÚltima hora

Proxecto para reformar e mellorar a eficiencia enerxética do Cuartel da Garda Civil da Rúa

Suporá un investimento de 1 millón de euros, aproxidamente, e as obras poderían comezar en meses, tal e como anunciaba o subdelegado do Goberno en Ourense

Cuartel da Garda Civil na Rúa.

 

Está previsto acometer unha reforma integral do Cuartel da Garda Civil da Rúa, a través do plan de fondos recuperación da Unión Europea. Así o adiantaba esta mañá na visita realizada a Valdeorras o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso. “Vaise mellorar a eficiencia enerxética co cambio de envolventes, de fiestras, de cambio de enerxía, con enerxías alternativas. Farase un acondicionamento e unha mellora da infraestrutura externa, sobre todo illamentos en xeral, e unha mellora do cuartel”, dicía o subdelegado.

Esta intervención está orzamentada en torno a un millón de euros e forma parte dunha actuación conxunta nun total de tres cuarteis da Garda Civil na provincia cun investimento total superior aos 3 millóns de euros. Os outros dous nos que acometerán melloran son o de Verín e o Celanova.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, esta mañá en Valdeorras./ Foto: A.R.

 

“O proxecto do cuartel da Rúa xa o temos, será presentado en próximas datas e penso que nuns meses poderían iniciarse as obras”, indicaba González Afonso, matizando que esta reforma terá un prazo de execución de dous anos.

Artigos relacionados

Back to top button