OurenseÚltima hora

Publicación en El Cercano, Ourense

Presentación do libro “Ocultarse en una hoguera, Thomas Merton a través de sus diarios” o 27 de outubro ás 20:15h.
Convite á presentación do libro en El Cercano, Ourense.
Convite á presentación do libro en El Cercano, Ourense.

A vida de Thomas Merton (1915-1968) pode describirse como unha viaxe na procura da súa xenuína identidade. Unha vida de peregrinaxe dividida en varias etapas: a súa infancia trashumante e orfa; a súa tormentosa xuventude; a súa conversión e entrada nunha abadía trapense; o descubrimento da súa vocación de monxe-escritor; a esclarecedora viaxe a Asia; e a muerte accidental en Bangkok.

Consignar cada día as incidencias desa exploración e do compromiso coa familia humana, converteu a este místico nun dos grandes diaristas do séculolo XX, e nos seus dietarios caben as grisuras e esplendores cotidiáns, pero tamén as loitas e esperanzas da súa época e as máis variadas relacións persoais.

Achegar ao lector á complexa personalidade deste gran contemplativo e escrutador dos signos dos tempos, é o obxectivo da obra “Ocultarse en una hoguera, Thomas Merton a través de sus diarios” de Ramón Cao Martínez, autor que, dende unha gran empatía coa figura de Merton, presenta a súa vida con “elegante transparencia e obxectividade non exenta de calidez”, en palabras de El Cercano (Ourense) onde terá lugar a presentación o martes 27 de outubro ás 20:15h.

A presentacón do libro, con prólogo de Andrés Torres Queiruga, correrá por conta de Paula Téllez, irmá cisterciense do Mosteiro de Armenteira (Pontevedra).

Artigos relacionados

Back to top button