AutomobilismoDeportesSen categorizarÚltima hora

Publícase a lista oficial de inscritos no 53 Rallye de Ourense

Público seguindo a pasada nunha edición anterior do Rallye de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Escudería Ourense publicaba nesta mañá de 17 de xullo a lista de inscritos no 53 Rallye de Ourense. Finalmente, participarán 89 equipos; que comezará co número un de Pepe López e Borja Rozada, campións de España en 2019. José Antonio Suárez “Cohete”, Iván Ares ou Alberto Monarri son algúns dos nomes que poden optar á vitoria.

En canto á provincia, competirán un total de 32 equipos ourensáns, con nomes como Javier Pardo, Emilio Vázquez, Félix Macías ou Luis Aragonés, que estrea o seu novo Renault Clio Rally 5. Pola súa banda, tamén haberá presenza ourensá na Copa Suzuki, con David Cortés e Diego Félix.

 

Artigos relacionados

Back to top button