CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Puebla de Sanabria revive o seu pasado no Mercado Medieval

Esta cita festiva e de carácter histórico tiña lugar nesta localidade zamorana do 14 ao 16 de agosto

Cabaleiros, doncelas, bufóns, xograres, faquires e mesmo dragóns e meigas percorrían as rúas de Puebla de Sanabria (Zamora) do 14 ao 16 de agosto no marco do seu Mercado Medieval. Unha cita na que esta vila retrocede no tempo para revivir o seu medievo cun programa ateigado de propostas e actividades: música, danzas, teatro, espectáculos nocturnos, cetrería, loitas e combates…

O mercado abría as súas portas nesta localidade na mañá do 14 de agosto. Tras o acto inuagural e o pregón, dábase paso a unha serie de espectáculos nos que tomaban parte xograres e os “bufóns da corte”. A partir de aí o programa desenvolvíase sen tempo case para descansar en cada un dos recunchos do entorno medieval de Sanabria con diversas accións: dende a praza do Castelo, pasando pola praza de Armas, a praza Maior ou a muralla do Mariquillo, ata a Chopera de San Francisco. Multitude de persoas desfrutaban deste Mercado Medieval que incluía asemade visitas teatralizadas ao castelo, no que ademais se recibía por terceiro ano consecutivo a visita da raíña Xoana.

“Todos somos deudores daquela época na que as fortalezas ocultaban guerreiros e habitantes que blandían as súas espadas contra os inimigos, agora o inimigo é a falta de actividade económica nos pobos, que leva á despoboación e sen xentes non hai natureza, conservación nin protección. Dende as almenas reclamamos políticas de discriminación positiva que favorezan aos pobos”, sinalaba o alcalde de Puebla de Sanabria, no saúda desta celebración.

Fotos: José Rodríguez Cruz

Artigos relacionados

Back to top button