Punto e final do campo de voluntariado internacional de Quiroga

Despois de dez días, esta actividade remata hoxe, día 12 de xullo, coa visita da Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado

O campo de voluntariado internacional de Quiroga remata hoxe, día 12 de xullo, despois da visita da Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado, Cristina Pichel, e da senadora quiroguesa, Rosa Arza. Nel participaron mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade chegados dende diferentes partes do mundo como Ucrania, Rusia, Vietnam, Colombia ou Venezuela así como de diversas comunidades España.

 

Os voluntarios na Fervenza do Pombar.

 

Un número de 16 rapaces formaron parte deste campo de traballo que tiña como base o medioambiente, a xeoconservación e a dinamización dunha zona da Galicia interior. Os traballos consistiron na limpeza e sinalización do camiño xa existente de acceso á Fervenza do Pombar, situada no río Quiroga, entre Outeiro e Besarredonda. Ademais, creouse un novo trazado de acceso entre o camiño existente e a beira do río pola que non existía acceso.

Ata alí tamén se achegaron a concelleira de Xuventude, Ana Lucía Nogueira, e o concelleiro do Medio Rural, Angel Rodríguez.

 

Durante a visita da Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado, Cristina Pichel.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies