Galerías de fotosÚltima hora

Punxeiro (Viana do Bolo) exalta o viño novo

Centos de persoas dábanse cita na tarde do 12 de outubro en Punxeiro para participar na sétima edición da súa festa da Vendima que arracanba a ritmo de charanga pasadas as sete da tarde na praza desta localidade de Viana do Bolo. A partir de aí os organizadores dirixíanse aos asistentes para explicar a dinámica desta edición (na que as adegas abrían de catro en catro) e entregaron varios recoñecementos a adegueiros. A partir de aí soaba a música das charangas Mekanica, que abría a comitiva, e de Madialeva, que a pechaba, de adega en adega. Os asistentes, con pano e taza en man, ian facendo as correspondentes paradas para desfrutar do viño e dos múltiples e variados pinchos. A festa continuou ata ben entrada a madrugada coa música de dúas orquestras no campo da festa de Punxeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotos na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button