ConcellosSoberÚltima hora

Pura Díaz, veciña de Santiorxo (Sober), cumpre 104 anos

Foto cedida.

 

O municipio de Sober segue de celebración. Hoxe, 24 de maio, unha das súas veciñas Pura Díaz Paramo cumpre 104 anos e vén de recibir as felicitacións do Concello de Sober.

Pura atópase en perfecto estado de saúde e hoxe estivo acompañada para a celebración polo seu fillo José Antonio e a súa compañeira Rosa. A centenaria reside na casa onde naceu, no lugar Santiorxo.

O Concello de Sober conta así con 13 persoas centenarias, 10 mulleres e 3 homes. Onte outras das súas veciñas, Dolores González, celebraba os seus 107 anos.

Artigos relacionados

Back to top button