EconomíaEconomíaÚltima hora

Que establecementos poden abrir o Venres Santo en Galicia?

Entre os establecementos que poden abrir neste Venress Santo están os quioscos e estancos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o 8 de abril a orde pola que se declara non hábil para a práctica comercial o próximo Venres Santo, 10 de abril. En calquera caso, seguen a ter por lei liberdade para abrir, unha serie de establecementos que, segundo confirma a Consellería de Economía, son os seguintes:

  • os establecementos adicados esencialmente á venda de produtos de pastelería, repostería, churrería,
  • pan,
  • pratos combinados,
  • prensa,
  • as chamadas tendas de conveniencia,
  • os establecementos adicados á venda de combustible e carburantes,
  • e os establecementos que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de ata 300 metros cadrados que teñan a consideración de peme cuxa actividade comercial non se atope suspendida polo estado de alarma.

Artigos relacionados

Back to top button