OurenseÚltima hora

“Que morran as comadres!”

A Praza Maior de Ourense volveuse converter nun campo de batalla. Desta volta foi a quenda das Comadres. Case 190 alumnos  de de 1º, 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria dos centros CEIP Albino Núñez, Virxe de Covadonga, Seixalbo, Manuel Sueiro e Manuel Luís Acuña, desprazáronse até o corazón da cidade para gozar do Xoves de Comadres. Os nenos foron os encargados de representar ás comadres e, as rapazas, como non se sentían representadas polas bonecas que os nenos fixeron a modo de burla berraban todo o tempo as súas regueifas: “que morran as comadres!”. 

Todos ben listos e preparados, cando a animadora do evento deu a saída, formouse un grande rebumbio na praza Maior e as rapazas seguían aos rapaces co obxectivo de roubarlle as comadres e rompelas como símbolo de que non lles gustaba a burla que lles fixeron coas bonecas.

Artigos relacionados

Back to top button