CulturaCulturaÚltima hora

Queda inaugurada a Biblio-piscina de Verín para o verán 2019

Á inauguración acudiron o tenente de alcalde e concelleiro da área de Mocidade, Diego Lourenzo, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza
Os voluntarios que participan este verán.

 

A partires do 1 de xullo abriuse o servizo de Biblio-piscina da Biblioteca Pública Municipal de Verín nas piscinas descubertas de A Granxa. Esta iniciativa, que leva dez anos promovéndose, ten o obxectivo de estender os servizos bibliotecarios ós usuarios desta instalacion deportiva, potenciar a lectura e dinamizar a realización de actividades lúdico-culturais fora do curso escolar.

O horario é de forma ininterrumpida de 17 a 20 horas todos os días da semana, mantendo as instalacións da Biblioteca Pública Municipal abertas ó púbico de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.

Con funcionamento ata o mes de setembro, abrindo toda a semana en función da climatoloxía, a Biblio-piscina estará atedida por voluntarios da Biblioteca de Verín que comparten un firme compromiso coa dinamización da lectura. Os xoves, rondarán entre os 9 e os 25 anos de idade, participarán na oferta de máis de 300 libros de lectura, cómics e diferentes escritos de temática variada para chegar ós gustos de todo o público, actuación que foi agradecida polo tenente de alcalde e a concelleira de Cultura, que animaron a seguir con este tipo de iniciativas. A maiores da oferta de lecturas, tamén existen a disposición dos usuarios xogos de mesa, que terán que deixar unha prenda a cambio do libro ou o xogo.

 

Ademais, durante o mes de agosto organizaranse actividades variadas as 18 horas para todos os públicos:

3 de Agosto: Presentación do libro “Ficcionario”, texto de Fran Guede e ilustracións de Alberto Carballo, editorial Autografía. O éxito está garantido polo gran mestre do Colexio Amaro Refojo.

10 de Agosto: Luis Vallecillo, presentará “Cantamos un conto?”: Contos Clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia volven dun xeito diferente, reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten connosco, desfrutando de momentos moi especiais.

16 de Agosto: Raquel Queizás, presentará o seu expectáculo “Travesías”. Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Esta actividade é só una das moitas que leva a cabo a Biblioteca Pública Municipal de Verín ó longo do ano. É por este tipo de iniciativas, que serven de exemplo para cada vez máis localidades, polas que xa foi recoñecida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Fotografías: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button