En portadaÚltima hora

Quedada de iniciación de pesca sen morte do Club Spinning Valdeorras en San Clodio

Nenos e maiores comparten unha xornada deportiva á beira do Sil na praia fluvial desta localidade lucense

 

Nenos e maiores reuníanse a partir das 10h. deste sábado 11 de xullo nunha quedada de iniciación de pesca sen morte, promovida polo Club Spinning Valdeorras, no fermoso entorno da praia fluvial de San Clodio (Ribas de Sil).

Durante a mañá os principais protagonistas eran os máis pequenos. Ata 9 nenos, acompañados de pais ou de monitores, aprendían a pescar no río Sil. “Esta é a primeira quedada de tempada na que participan os nenos xa que para poder organizar unha actividade deste tipo o río ten que ter uns niveis de verán para que eles poidan pescar”, explica o presidente do Club Spinning Valdeorras, Daniel Prada.

 

 

Tras o xantar, esta actividade de iniciación continuará pola tarde os participantes poderán aprender diversas modalidades de pesca como a da mosca seca, a pesca con ninfa, con perdigón, etc.

 

 

A intención do club é continuar promovendo quedadas deste tipo ao longo do verán. “Aínda que a tempada de pesca con carácter xeral finaliza a finais de xullo, en tramos de pesca sen morte está permitido pescar ata o vindeiro 30 de setembro”, lembra o presidente do Club Spinning Valdeorras, que aposta por promover unha pesca grupal e responsable.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button