EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quedan 11 días: ata o vindeiro 1 de agosto para participar no segundo sorteo de entradas para a Festa das Covas de Vilamartín

Poderase participar a través das súas redes sociais de Instagram e Facebook

A Asociación de Coveiros de Vilamartín de Valdeorras está a realizar un segundo sorteo de dúas entradas para a vixésimo terceira edición da Festa das Covas, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto. Así, as persoas que queiran participar, terán de prazo ata o xoves 1 de agosto.

As redes sociais desta celebración (Vilamartín FESTA DAS COVAS en Facebook, e @covas_vilamartin2019 en Instagram) serán as plataformas para participar. O procedemento é moi sinxelo: seguir á páxina, darlle a “Gústame” á publicación, nombrar a un amigo ou amiga nos comentarios e subir unha captura de pantalla da publicación á historia (en Instagram) ou compartir a publicación (en Facebook).

 

 

Texto: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button