EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quedan 8 días: todo a punto para o transporte dende outros puntos do país á Festa das Covas de Vilamartín

Jesús López é o encargado de traer a máis de 50 persoas procedentes da Estrada (Pontevedra)

A Festa das Covas de Vilamartín non só é popular en Valdeorras, senón que fóra da comarca tamén hai xente que está desexando asistir. Por iso, é necesario que alguén tome a iniciativa do transporte. É o caso de Jesús López, o cal leva anos traendo xente da Estrada (Pontevedra). Nestes últimos anos a afluencia medrou ata o punto de ascender a máis de 50 persoas.

 

Jesús López.

 

O interese de Jesús López pola Festa das Covas vén de moi lonxe, concretamente dende hai 15 anos, cando un coveiro con residencia na Estrada o invitou a esta celebración. Dende ese momento non faltou ningún ano e “hai tres anos comecei eu a xuntar xente e quedaron encantados con esta festa”, explica.

A Festa das Covas de Vilamartín é unha festividade ineludible para Jesús López, razón pola que se decidiu a facer este transporte. “Cada vez hai máis persoas interesadas, xa que por exemplo, este ano, a metade do autobús é xente que non veu o pasado ano”, recalca. Ademais, recoñece que a xente nova é a máis interesada, pero que hai persoas de todas as idades.

 

Expedición da Estrada á pasada edición da Festa das Covas de Vilamartín.

 

Texto: Alba Prada.

 

Artigos relacionados

Back to top button