O Goberno vén de dar un paso máis na flexibilidade do estado de alarma eliminando as franxas horarias para a saída dos nenos así como para a práctica do deporte non profesional e individual para aqueles territorios que xa estén na fase 2 do proceso de desescalada, como é o caso de Galicia.
Así o recolle unha orde do Ministerio de Sanidade publicada hoxe, mércores 27 de maio no BOE, que ten efectos inmediatos, e que permitirá os desprazamentos da poboación infantil e a práctica da actividade física non profesional fóra dos horarios establecidos o pasado 25 de abril (de 6 a 10 e de 20 a 23 para o deporte individual e paseos; e de 12 a 19h. para a saída dos nenos).
Na comarca de Valdeorras, a maioría das localidades, con menos de 10.000 habitantes, xa non tiñan esas resctriccións, pero si se mantiñan na capital da comarca, O Barco, ata hoxe.
Na orden recollida no BOE do 27 de maio tamén se eliminan as limitacións no número de veces que se poden realizar estas actividades diariamente.