OurenseÚltima hora

Queima de madamitas e actos litúrxicos para conmemorar o San Lázaro en Ourense

‘Queima das madamitas’ diante da Subdelegación do Goberno, en Ourense.

 

O domingo día 3 de abril, a cidade de Ourense celebraba a festa de San Lázaro, con misa na honra do Santo, e posterior procesión ata a Igrexa dos Franciscanos, no parque.

Chegadas as 13 horas, a zona da Subdelegación do Goberno, era o centro das actividades conmemorativas deste día, coa tradicional ‘queima das madamitas’. Trátase dun acto inspirado nun rito pagán que data do século XII e que marca o final do inverno e da a benvida a primavera ao tempo que anuncia a proximidade da Semana Santa “…Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos”.

As madamitas son unhas figuras de papel articuladas, que xiran nunha rápida ruleta ao tempo que arden e estallan as luces de pirotecnia que para moitos supoñen a queira dos “malos espíritos” para renovarse e iniciar un novo ciclo que comeza coa primavera.

Polo San Lázaro, tamén celebrou a festividade o barrio de Peliquín, onde os veciños honran ao seu patrón cunha misa.

 

Unha madamita antes de estoupar.

Artigos relacionados

Back to top button