En portadaEntroido 2022Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Queima dos Lardeiros e gran fulionada en Viana para despedir o Entroido

 

É un dos momentos máis intensos e quizais máis emotivos do Entroido de Viana do Bolo. Rozando as doce da noite do Martes de Entroido, na praza Maior da vila resoa con toda a súa forza o fulión. Numerosos bombos e aixadas reúnense nos últimos momentos da festa.

 

 

Este atroador ritmo no deixa de soar mentres comeza a queima do Lardeiro e da Lardeira que nestes días presidían o Entroido pendurados dun longo pau na mesma praza. Mentres arden, esvaécese pouco a pouco con eles este tempo de troula que se vive cun fondo sentimento en Viana do Bolo.

 

 

 

Unha vez rematada a queima, o ceo enchíase de fogos de artificio, mentres os veciños deixaban paseniñamente a praza, tocando bombos e aixadas, na última ronda pola vila deste Entroido.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button