ConcellosÚltima hora

Queiman o novo parque infantil da Piscina Climatizada de Verín

Foi obxecto dun acto vandálico na madrugada do 6 ao 7 de decembro

Fume saíndo do parque infantil queimado en Verín.
Fume saíndo do parque infantil queimado en Verín.

“Estou indignado, porque aínda que todos os fines de semanas hai estragos, nunca se chegou ata este nivel, é bochornoso que vándalos e desvergonzados destrocen o material urbano, como xardineiras ou rouben prantas, entren no complexo deportivo de A Granxa para danar as pistas de tenis ou fútbol, ou como este caso que queimen un parque infantil que aínda non se abriu”. Eran as palabras coas que o alcalde de Verín,Juan Manuel Jiménez Morán, amosaba o seu malestar tras coñecerse a queima, froito dun acto vandálico, do novo parque infantil que se está a construír nas inmediacións da Piscina Climatizada de Verín.

Nos labores de extinción do lume, que danaba esta nova instalación na pasada madrugada, interviñan efectivos da Policía Local de Verín e do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, “que impediron que se extendera ao pavillón municipal de deportes que se atopa anexo a esta área infantil. Os danos causados obrigarán a ter que substituír o material danado por un novo, sobre todo o chan e valado externo, sen que aínda se abrira ao público esta nova área infantil”, tal e como se vén de informar desde o Concello de Verín.

Danos producidos polo lume nunha das zonas do novo parque infantil de Verín.
Danos producidos polo lume nunha das zonas do novo parque infantil de Verín.

O rexidor verinense pedía tamén a colaboración cidadá “para que se poda coller dunha vez a estes vándalos, e cando teñan que abonar do seu peto estes desperfectos non os volverán a facer, xa que isto non é por roubar senón por facer dano e perxudicar a todos os veciños e veciñas”.

Artigos relacionados

Back to top button