OurenseÚltima hora

Queixumes dos Pinos celebra as Xornadas Interculturais

O acto, celebrado en Ourense, contou coa asistencia do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
Membros de Queixumes dos Pinos co secretario xeral de Emigración.
Membros de Queixumes dos Pinos co secretario xeral de Emigración.

A sede de Queixumes dos Pinos acollía o domingo 17 de abril, as Xornadas Interculturais entre Venezuela, Colombia, Perú, Oriente e Ourense organizadas pola agrupación ourensá.

A Agrupacion Alma Llanera de Venezuela, a Agrupación Mira de Colombia, a Asociación Machu Pichu de Perú, Os Bailes Orientais de Nisaa e un grupo da escola de Queixumes dos Pinos, foron o punto de encontro nunha xornada marcada pola música, a gastronomía e a artesanía, combinadas en diferentes actividades que deron como resultado unha iniciativa moi especial que contou coa presenza do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Un momento da Xornada Intercultural en Ourense.
Un momento da Xornada Intercultural en Ourense.

Tal como explican dende Quiexumes dos Pinos, trátase dunha actividade aberta a todo o público na cal “pretendemos destacar os valores da cooperación, a tolerancia, a conviviencia, a solidariedade e o respecto pola diversidade cultural”.

Artigos relacionados

Back to top button