CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Quen dixo que a arte non alimenta?

O CEIP San Roque de Corón, en Vilanova de Arousa, acollía un obradoiro de pintura impartido polo valdeorrés Gerardo Rodríguez

O profesor e artista valdeorrés Gerardo Rodríguez “Chere” demostra que a arte si pode alimentar. E faino ademais dándolle protagonismo aos máis pequenos. En setembro realizaba no Barco un exitoso obradoiro de pintura comestible que agora está tendo continuidade noutros puntos de Galicia.

O último tiña lugar no CEIP San Roque de Corón, en Vilanova de Arousa (Pontevedra), o pasado 19 de marzo. Neste orixinal e divertido obradoiro participaban 50 nenos de entre 3 e 6 anos, que disfrutaban con cinco contos que falaban de cores, escoitando, pintando e, finalmente, comendo as súas propias creacións.

Di Chere que “a arte non só alimenta o espírito… tamén o corpo”. E como mostra estas imaxes.

 

Fotos cedidas por Chere.

 

Artigos relacionados

Back to top button