EconomíaEconomíaÚltima hora

Quen pode regresar a traballar a partir do luns?

Consulta a listaxe de actividades que poden volver a funcionar a partires do 13 de abril

 

A partir do luns 13 de abril vólvese as condicións iniciais do estado de alarma aplicado polo Goberno dende o pasado 14 de marzo. Isto implica que traballadores de sectores non esenciais poden regresar aos seus postos de traballo, como sucede coa industria ou coa construción. Iso si, cunha importante matización: as empresas deberán poñer en marcha unha serie de medidas preventivas para reforzar as recomendacions fronte ao coronavirus que xa entón se deron.

No referente ao comercio, pode abrir, como ata agora, o comercio de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, farmacias, clínicas veterinarias, ópticas e produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, prensa e papelería, combustible, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para mascotas, comercio por internet, telefónico ou correspondencia. E poderán volver a funcionar as lavanderías, tintorerías ou os servizos de perruquería a domicilio, entre outros.

 

 

A listaxe completa das actividades permitidas pode consultarse no seguinte documento elaborado pola Confederación Empresarial de Ourense: que-pode-abrir-e-que-non

O documento tamén pode consultarse no seguinte enlace: http://www.ceo.es/wp-content/uploads/2020/03/que-puede-abrir-y-que-no-3.pdf

Prevención de riscos laborais fronte á exposición ao COVID-19

Dende o Ministerio de Sanidade realizouse un procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao coronavirus tendo en conta a volta ao traballo de sectores como a industria ou a construción. Nel incídese na importancia de reforzar as medidas de hixiene persoal “en todos os ámbitos de traballo e fronte a calquera escenario de exposición”: hixiene de mans, etiqueta respiratoria e manter o distanciamento social de 2 metros.

Ademais, en función da natureza das actividades e a avaliación do risco de exposición, establécense diferentes escenarios de exposición:

– Exposición de risco: Aquelas situacións laborais nas que se pode producir un contacto estreito cun caso posible, probable ou confirmado de infección por coronavirus, sintomático.

– Exposición de baixo risco: Aquelas situacións laborais nas que a relación que se poida ter cun caso posible, probable ou confirmado, no inclúe contacto estreito.

– Baixa probabilidade de exposición: Traballadores que non teñen atención directa ao público ou, se a teñen, prodúcese a máis de 2 metros de distancia, ou dispoñen de medidas de protección colectiva que evitan o contacto (mampara de cristal, separación de cabina de ambulancia, etc.).

O documento completo pode consultarse aquí:PROCEDEMENTO-PREVENCION-PRL_COVID-19

http://www.ceo.es/wp-content/uploads/2020/04/PROCEDIMIENTO-PREVENCION-PRL_COVID-19-VERSION-6.pdf

Tamén pode consultarse esta guía de Medidas para a prevención de contaxios de COVID-19 nos centros de traballo, tamén realizada polo Ministerio de Sanidade:
Medidas de boas prácticas para a prevención do COVID-19

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://osil.info/a-lousa-non-retomara-a-actividade-o-vindeiro-luns/

Artigos relacionados

Back to top button