ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Quereño celebra o I ViñoTapeo

Esta localidade de Rubiá reunía a unhas 400 persoas neste roteiro de adegas o 23 de maio

Quereño súmase ao calendario de celebracións ligadas ao viño na comarca de Valdeorras. Esta localidade do concello de Rubiá celebraba na tarde-noite do 23 de maio a primeira edición do ViñoTapeo, un circuíto por dez adegas que se encetaba á entrada do pobo.

Tras mercar a entrada, a un prezo de oito euros, recibíase unha cunca e un pano para facer un percorrido polas adegas no que se servía viño, refrescos ou auga, e, por suposto, unha gran diversidade de pinchos. Non faltaba tampouco a animación musical.

A festa rematada ao redor das once da noite na pista polideportiva onde se podía desfrutar dun postre caseiro e de café. A iniciativa foi promovida por dous membros da comisión de festas de Quereño en colaboración co Concello de Rubiá e con Juanma Seguros.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na edición en papel de xuño do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button