EconomíaEconomíaÚltima hora

Quereño celebra o IV Viñotapeo na tarde do 9 de xuño

Imaxe dunha edición anterior do Viñotapeo de Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partires das oito da tarde, coa apertura das nove adegas participantes nesta edición, porase en marcha o IV Viñotapeo de Quereño (Rubiá). Esta iniciativa mestura a festa, coa degustación de viño e pinchos nunha celebración que se prolongará ata a madrugada.

A entrada, que poderá conseguirse no pobo, terá un custe de 8 euros. Con ela cada persoa recibirá unha taza e un obsequio (xentiliza de Talleres Dupont) e con ela poderán visitarse cada unha das adegas, degustar os seus viños (brancos e tintos) e tamén os seus saborosos pinchos, diferentes en cada unha delas. O traxecto estará animado pola música dun grupo de gaiteiros.

Arredor das once da noite pecharanse as adegas, pero a festa seguirá na pista polideportiva, con café e bica, e, despois con karaoke e música ata a madrugada. O IV Viñotapeo será organizado pola Comisión de Festas de Quereño en colaboración cos veciños deste pobo.

Artigos relacionados

Back to top button