ConcellosRubiáÚltima hora

Quereño (Rubiá) celebrará esta tarde o seu sexto “Viñotapeo”

Os participantes poderán desfrutar dun circuíto gastronomía e viño nas adegas situadas a longo desta localidade

Imaxe dunha edición anterior do Viñotapeo de Quereño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A localidade de Quereño (Rubiá) vestirase esta tarde festa. Recuperará, tras dous anos de parón por mor da pandemia, o seu exitoso “Viñotapeo”, que vai pola súa sexta edición. Este encontro que mestura a gastronomía, co viño e a celebración popular, está previsto para este 4 de xuño a partir das 20h.

Ao longo de Quereño situaranse diversos postos con variadas e saborosas tapas, acompañadas de bebida, nas que os veciños irán recibindo aos visitantes nun ambiente animado pola actuación da charanga Trasnochadores.

Para poder desfrutar deste percorrido será preciso mercar unha entrada cun prezo de 10 euros no posto que acostuma instalarase á entrada da localicalidade. Con ela recibirase unha taza, para facer o traxecto gastronómico, e tamén un agasallo.

 

 

A partir de comezará o circuíto dos participantes no Viñotapeo polos nove barrios participantes nesta edición: os do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, A Estación I, a Estación II, a Estación III e a Estación IV.

Unha vez completado este percorrido, as persoas participantes no Viñotapeo poderán desfrutar, a partir das once da noite, dun café acompañado de sobremesa caseira na pista, onde continuará a festa cunha discomóbil, adiantan dende a organización, en mans da Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración do pobo.

 

Participantes nun ano anterior neste Viñotapeo./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button