Publicidade
CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Quereño (Rubiá) e a súa barca

Artigo do historiador valdeorrés Antonio Castro Voces sobre esta singular barca e o papel que estas embarcacións fluviais tiñan no pasado na comarca

Barca cable de Quereño (Rubiá).

 

Ó longo da historia na comarca de Valdeorras teñen existido varias barcas. Á falta de pontes, era a única maneira de cruzar os ríos. Da mesma maneira que as pontes de: A Cigarrosa –Petín-, A Pontoriga e A Pontenova –Sobradelo-, a ponte do Estreito –Covas-, e a ponte de San Fernando –O Barco- teñen nome propio e son os mellores referentes como construcions estables para cruzar o Sil; as barcas de máis sona foron a de Viloira, Penouta-Correxais, e a de Quereño.

A súa antigüidade é notable e, mentras a de Viloira parece ser xa existía no século XVI, da de Quereño a primeira referencia escrita é do seculo XVII, concretamente do ano 1627, e debía ser de titularidade mixta –concello e vecinos do pobo- posto que nese mesmo ano lla arrendaron a Andrés Núñez, veciño de Quereño, por 41 reais e coa condición que a mantivera ben coidada e atendida baixo pena de pagar 30 ducados se desaparecía ou se estragaba pola súa culpa.

Tratábase de embarcacións feitas de madeira –castiñeiro ou carballo- e reforzadas con remates de ferro de forma rectangular, con proa e popa planas e lixeira inclinación para o libre acceso á mesma de persoas, animais, carruaxes e mercadorías. As súas dimensións variaban segundo o lugar e a época.

A de Viloira, do ano 1756, tiña 6´24 m. de longo, 3,2 m. de ancho e 1 m. de altura e a súa construción ascendera á cantidade de 180 ducados. Da mesma eran propietarios o pobo de O Barco e o de Viloira aínda que de esta última metade posuia tres cuartas parte Dn. José Nicolás de Quiroga, señor da Casa-Grande de Viloira. O valor do seu arrendamento tamén variaba duns anos a outros pois, referíndose á barca de Viloira, no ano 1679 era de 308 rs., mentras no ano 1756 era de 840 rs., no 1786 era de 583 cuartas de viño e no ano 1841 eran 540 libras de cera.

En Quereño, parece ser, houbo dúas barcas aínda que non coincidiron no tempo: unha –a primitiva ou primeira- estaba situada na paraxe denominada “O Rechouso”, O Penedo ou O Pozo Negro de Barxela; e a segunda, no “Vado da Devesa”, onde aínda queda o chamado “Porto da Barca”.

 

Barca de Quereño.

 

Eran de madeira, composta por tablons dun grosor grande cinguidos nos angulos por “flejes” de ferro que lles daban consistencia e ámbalas dúas empregaban o mesmo sistema de funcionamento: cable, poleas e maroma; o cable que era de aceiro para o deslizamento das poleas e a maroma para o tiro do barqueiro, personaxe a quen o escritor e poeta Pepe Núñez lle adicou estes emotivos versos:

Barquero del rio Sil,
-marinero entre dos puertos,
remando solo en tu barca
contra corriente y silencio!.

Caronte de ida y vuelta
por rios del pensamiento:
transbordando en tu barcaza
carretas y carreteros,
peregrinos de la historia,
habitantes de los censos,
supiste de tantas cosas
que te hiciste libro impreso
y en ello ganaste oficio
de embajador de los pueblos!.

Barquero, en tu barca, tú
me haces ser marinero
desde una orilla a la otra
por el túnel de los tiempos;
me obligas a abandonar
este viejo embarcadero
y me llevas en tu barca
-velero de escritos lienzos-
como un niño a la deriva
por los sitios del recuerdo:
otro hombre y otra barca
-balsero de troncos muertos-
me enseñaban a sentir
orgullo de ser barquero….

 

Á primeira, que lle chamaban “do pobo” pois era este quen, tódolos anos, en pública subasta a arrendaba ó mellor postor; a segunda, era propiedade dunha sociedade formada por: Ramiro López –Quereño-, Plácido Prada –Castroquilame- e Manuel Mallo –Puente Dgo. Florez- quenes tiñan un empregado que facía as veces de barqueiro. A razón da existencia desta segunda barca foi que na década dos 20-30 do século pasado desapareceu aquela primeira barca, quedando cortado o paso sobre o río e conseguinte aillamento entre unha parte –provincia de Leon- e a outra –provincia de Ourense-.

Foi nestos momentos cando os membros da sociedade citada, que tiñan intereses comerciais na louxa, o mel, as castañas, a madeira, etc., deciden subsanar o problema do illamento construindo outra barca cunha condición: os vecinos de Quereño pasarían de balde. Así foi ata que a mesma afundiu e desapareceu –nos anos 60- vítima dunha gran crecida do Sil que deo coa súa vella estructura contras as rochas da “Pena da Ola”, sepultándoa para sempre entre as súas turbulentas augas.

Coetánea coa barca foi a pasarela –da que falaremos outro día- pero que era de peaxe e onde os veciños tamén tiñan que pagar por pasar sen respetar o acordo –verbal- de deixalos pasar de balde. Houbo un sonoro pleito entre veciños do pobo e donos da pasarela quenes, parece ser, valéndose de malas artes, conseguiron un pronunciamento favorable da xustiza e poñendo fin a ese privilexio vecinal de poder pasar de balde.

Barcaza de Quereño.

 

A barcaza que operaba no “Vado da Devesa” era de grandes dimensións, permitindo o paso de persoas, animais e carros tirados por bois. Facilitaba a comunicación e transporte de pizarra, castañas, madeira, etc., que viña da Cabreira á estación de ferrocarril de Quereño. A pizarra das canteiras de San Pedro era transportada por carros de bois –podían pasar ata dúas parexas e os seus correspondentes carros de cada vez- para distribuila a toda España a través do tren.

O prezo da viaxe por persona, inicialmente, era de 10 céntimos e estaba atendida por barqueiros: Alfonso Franco, Ricardo “o rachado”, Luis Fernández “Lilo”, Manuel Fernández “o chele”, Antonia Núñez “a perica”, etc. O derradeiro barqueiro foi un portugués que tivo a desgracia de ver como a barca foi a pique sen poder facer nada para evitalo. A estes sufridos traballadores adicou Pepe Nuñez os seus versos:

Barquero del rio Sil,
Cristobal de camineros:
en tu barca de hojas blancas
me haces ser marinero
despertando en mí este absurdo
afán de cantar recuerdos,
mientras tu barca nos lleva
por los perfiles del tiempo.

Barquero del rio Sil:
tú, en tu barca; yo, en mi verso,
apuramos día a día,
noche a noche, el mismo empeño…
Barca y palabra nos llevan
de la realidad al sueño!.

 

Texto: Antonio Castro Voces.
Fotos: Arquivo Antonio Castro Voces.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close