EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quereño (Rubiá) ultima os detalles do V Viñotapeo

Este percorrido gastronómico e festivo polas rúas desta localidade valdeorresa terá lugar o sábado 8 de xuño
Participantes na anterior edición do Viñatapeo de Quereño./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nas rúas de Quereño (Rubiá) celebraraseo vindeiro 8 de xuño o V Viñotapeo. A partires das oito da tarde abrirán ao público as nove adegas participantes nesta edición. A entrada, que poderá mercarse ao inicio da ruta, terá un custe de 8 euros.

Con ela entregarase unha taza e un obsequio e permitirá visitar cada adega e degustar os seus viños (brancos e tintos) e tamén os seus saborosos pinchos, diferentes en cada unha delas.

O traxecto estará animado pola música do grupo leonés Los más buscados. Arredor das once da noite pecharán as adegas e a festa seguirá na pista polideportiva, con café e bica, e música ata a madrugada. O V Viñotapeo será organizado pola Comisión de Festas de Quereño co apoio dos veciños deste pobo e en colaboración con Talleres Dupont, Distribuciones Carrizo e o Concello de Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button