EconomíaEconomíaÚltima hora

Quesos Feijoo recibe o certificado de Galicia Calidade

Coa incorporación desta nova compañía de Celanova, Galicia Calidade ampara queixos de tres denominacións de orixe protexidas
Acto de entrega do certificado de Galicia Calidade a esta empresa de Celanova.
Acto de entrega do certificado de Galicia Calidade a esta empresa de Celanova.

A partires de agora nas etiquetaxes de Quesos Feijoo figurará o selo de Galicia Calidade. Esta empresa de Celanova recibía na mañá do 17 de marzo o certificado desta marca nun acto no que participaba a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañada polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.

Neste acto a directora xeral de Comercio incidía na aposta pola calidade das empresas galegas como estratexia para poder competir nos mercados máis esixentes. Tamén destacaba que este esforzo contribúe a reforzar a economía galega, xa que transmite no exterior unha maneira diferente de traballar en Galicia, o compromiso co esforzo, o respecto pola tradición e a aposta pola innovación.

O xerente de Galicia Calidade e a directora xeral de Comercio, visitando as instalacióna desta queixería.
O xerente de Galicia Calidade e a directora xeral de Comercio, visitando as instalacióna desta queixería.

Coa incorporación desta nova compañía, Galicia Calidade ampara queixos de tres denominacións de orixe protexidas: Queixo Tetilla, Arzúa Ulloa e San Simón da Costa. O certificado de uso, con validez para os próximos tres anos, permitirá a Quesos Feijoo incluír o distintivo, ademais de nas etiquetaxes, nas diferentes accións de promoción que leve a cabo.

Artigos relacionados

Back to top button