DeportesÚltima hora

“Qui-Medo” a I Andaina do Terror, o 2 de novembro en Quiroga

A saída será na praza España, en grupos reducidos cada 5 minutos a partir das 20:30h.

 

En Quiroga teñen preparada unha actividade deportiva moi especial para a tarde do 2 de novembro, no marco da celebración do Samaín e de Todos os Santos. Trátase de “Qui-Medo”, a primeira Andaina do terror de Quiroga que sairá da praza España ás 20:30h. por grupos reducidos cada 5 minutos. A entrega de dorsais farase a partir das sete da tarde.

A andaina ten unha dificultade baixa, duns 6 quilómetros aproximadamente, e ao remate haberá unha chocolatada de balde.

As inscricións (5 euros por persoa) poden facerse na Casa da Cultura e no Concellaría de Deportes de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button