CulturaCulturaÚltima hora

Quico Cadaval contará no Barco a historia do seu antepasado Xuán o Fino

Este contador presentará o seu espectáculo "Vacas, guerras, porcos e cregos" o 18 de outubro no Teatro Lauro Olmo

Quico Cadaval nunha actuación anterior no Barco./ Foto: A.R.

 

O narrador oral Quico Cadaval regresa ao Barco neste outono co seu espectáculo “Vacas, guerras, porcos e cregos”, no que relata a historia dun antepasado seu, Xuán o Fino, “que era un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos, artistas de cine e militares”.

Todas estas historias compartiráas co público a partires das 21h. do vindeiro 18 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco. Esta función de Producións Teatráis Excéntricas, de 80 minutos de duración, foi estreada o 8 de xaneiro no Festival Poéticas Contemporáneas de Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button