CulturaCulturaÚltima hora

Quico Cadaval presenta o seu espectáculo teatral “Os Inocentes”, na Rúa

Este monólogo poderá verse este sábado 24 de novembro ás 20h. no Centro Cultural Avenida
Quico Cadaval./ Foto: Carlos G. Hervella.

Relatos nos que se confronta a simplicidade mental coa loucura da guerra civil española da man de tres personaxes principais (Manuel, Marquiños e Pastor) e pasados pola man de Quico Cadaval. Así é o espectáculo “Os Inocentes”, un proxecto de Producións Teatráis Excéntricas que chega A Rúa este sábado 24 de novembro. Poderá verse no escenario do Centro Cultural Avenida a partires das 20h. Este monólogo, cunha hora e vinte minutos de duración, está interpretado e dirixido polo propio Cadaval.

“Ao final, despois de moito tempo, encontrei unha idea que agrupa varias historias”, conta Quico Cadaval sobre esta proposta teatral. “E logo atopei outras historias nas que se opón a simplicidade mental á loucura da guerra. Unha persoa intelixente a guerra enténdea moi ben, hai conflitos de intereses, está a situación moi tensa, todo é comprensible… pero un parvo, digamos, unha persoa simple, un inocente pois di claramente que a guerra é unha estupidez. Paréceme un repertorio que é moi bonito e moi necesario. É algo que diferencia a inocencia da falta de intelixencia, porque moita xente di é un inocente, como dicindo que non ten cabeza, e entón demóstrase que os tres inocentes que saen nas historias, concretamente, denuncian o absurdo ou o intelixente da guerra, é dicir, a crueldade extrema”, explica este narrador, actor, director e adaptador teatral

Artigos relacionados

Back to top button