ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Quince equipos desputaban o Grand Prix na Veiga

Eran case 150 deportistas, boa parte deles do oriente ourensán, que loitaban nas diferentes probas polos premios deste concurso

Un total de 21 probas, distribuídas por zonas veiguesas como o encoro de Prada, tiñan que ser superadas polos quince equipos galegos e asturianos que participaban no “Gran Prix Race Edition 2016” o 25 de xuño. Eran case 150 os deportistas (homes e mulleres) que en equipos mixtos loitaban por facerse cos premios deste concurso.

A competición tiña como punto de saída a praza do Concello da Veiga e as probas estaban instaladas na praia fluvial de “O Coiñedo” e na dos Franceses, onde se atopaba asemade situada a meta. A proba constaba dun circuíto de 6 km no que se intercalaban diferentes obstáculos naturais e artificiais, ademais de probas de equilibrio, coordinación e habilidades de axilidade mental.

Eran numerosos os equipos ourensáns os que se sumaban á competición: da Rúa, Ourense, Verín, O Barco (como era o caso do integrado por atletas do Adas), O Bolo, Viana do Bolo e da Veiga. Tamén había representación da provincia de Pontevedra e de Asturias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button