OurenseÚltima hora

Quince filmes na sección oficial do 24 OUFF

"O que arde”, “La hija de un ladrón” e “El doble más quince” en competición, ademais de “@buelos”, “La trinchera infinita” e “Sea beasts” fóra de concurso, son as representantes españolas

Fotograma de “O que arde” de Oliver Laxe, que estará na sección oficial do OUFF 2019.

A organización do 24 OUFF, que se celebrará do 27 de setembro ao 5 de outubro, vén de desvelar o nome dos filmes da súa secció oficia. Son un total de 15 películas, das que 3 participan fóra de concurso, compoñen a sección oficial con máis representación española na historia do Ourense Film Festival (OUFF). “O que arde”, “La hija de un ladrón” e “El doble más quince” en competición, ademais de “@buelos”, “La trinchera infinita” e “Sea beasts” fóra de concurso, son as representantes españolas nunha selección na que participan outras 14 nacionalidades.

A Sección Oficial do OUFF 2019 trae a Ourense longametraxes premiadas en festivais tan prestixiosos como Cannes, Sundance, Bafici, DocsBarcelona y South by Southwest. Con directores da talla Alejandro Landes, Gael García Bernal, Oliver Laxe ou Bong Joon-Ho; e protagonizadas por intérpretes tan recoñecidos como Fabrice Luchini, Ricardo Darín, Antonio de la Torre, Belén Cuesta, Maribel Verdú, Paz Vega, Ana Fernández, Eduard Fernández, Valeria Golino ou Carlos Iglesias.

Na lista figuran 5 óperas primas, 4 títulos latinoamericanos, unha película muda e, por primeira vez en 24 anos de OUFF, unha longametraxe procedente do Salvador.

Os salas de Galicine no Centro Comercial Pontevella proxectarán os traballos que entran a competición. A programación inclúe dous títulos fóra de concurso, “@buelos” que inaugurará o festival a noite do 27 de setembro no Auditorio, lugar onde tamén poderá verse “La trinchera infinita”, cinta de clausura, o 5 de outubro. Pola súa banda, “Sea beasts” proxectarase no Teatro Principal. A maioría destas películas estrearanse en salas comerciais entre outubro e decembro, aínda que algunhas non o farán ata 2020.

Os filmes da sección oficial do festival

“@buelos” (España). A ópera prima de Santiago Requejo, sobre un grupo de avós que deciden montar unha gardería, inaugurará o festival fóra de concurso.

“La odisea de los giles” (Arxentina, España). Representante arxentina para competir nos Goya, está a acadar un gran éxito nas salas de cine do seu país. Dirixida por Sebastián Borenzstein con Ricardo Darín, Chino Darín e Rita Cortese no reparto.

“Los consejos de Alice” (Francia, Bélxica). Comedia dramática de Nicolas Pariser protagonizada polo recoñecido actor Fabrice Luchini.

“Nuestras madres” (Guatemala, Bélxica e Francia). Coproducción entre Guatemala, Bélxica e Francia, César Díaz fíxose coa Cámara de Oro á mellor ópera prima en Cannes.

“Parásitos” (Corea del Sur). Cine de autor, o último traballo de Bong Joon-Ho é unha das películas mellor valoradas do ano, aclamada por crítica e público. Ven de gañar a Palma de Ouro en Cannes e aspira a competir na vindeira edición dos premios Oscar.

“Retrato de una mujer en llamas” (Francia). Galardoada co premio ao mellor guión en Cannes, este drama romántico escrito e dirixido por Céline Sciamma é outro dos traballos máis aclamados da tempada.

“Cachada: The Opportunity” (El Salvador). O único documental que compite na Sección Oficial del OUFF é unha emocionante ópera prima que supuxo catro anos de traballo para a súa directora, Marlén Viñayo. Premiada en numerosos festivais, incluidos South by Southwest e DoscBarcelona.

“Monos” (Colombia, Argentina, Uruguay, Países Bajos, Alemania, Suecia). O drama de Alejandro Landes sobre a infancia na guerrilla acadou o Premio Especial do Xurado en Sundance. Alabada por directores como Guillermo del Toro ou Alejandro González Iñárritu.

“O que arde” (España, Francia, Luxemburgo). A terceira película de Oliver Laxe acadou o premio do xurado na sección Un certain Regard no Festival de Cannes. Rodada nos Ancares, reflexiona sobre os incendios forestais e as relacións entre veciños.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close