EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quinta da Peza da D.O. Valdeorras, mellor tinto de Galicia

Gargalo Treixadura & Albariño da D.O. Monterrei foi galardoado co Premio ao Mellor Branco

Na tarde do 29 de xuño, a Consellería do Medio Rural e do Mar entregaba os premios da XXVII Cata dos Viños de Galicia nun acto celebrado en Santiago de Compostela e presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

De entre os 187 viños de 120 adegas das cinco denominacións de orixe galegas que se presentaron a esta edición, o premio ao Mellor Viño Tinto de Galicia 2015 foi para Quinta da Peza da D.O. Valdeorras, mentres que o de Mellor Viño Branco recaeu en Gargalo Treixadura & Albariño da D.O. Monterrei, ámbolos dous da provincia de Ourense.

Durante o acto, tamén se entregaron os premios aos mellores viños por denominación de orixe. Os gañadores do Acio de Ouro foron Hacienda Ucediños Godello (D.O. Valdeorras), Alter Treixadura e Godello (D.O. Ribeiro), Don Bernardino (D.O. Ribeira Sacra), Quinta das Tapias (D.O. Monterrei) e Valtea (D.O. Rias Baixas).

Os Acio de Prata recaeron en Godeval Godello (D.O. Valdeorras), Divino Rei (D.O. Ribeiro), Don Ramón (D.O. Ribeira Sacra), Terras do Cigarrón (D.O. Monterrei) e Señoría de Sobral (D.O. Rias Baixas). No caso dos Acio de Bronce, foron premiados A Coroa Godello (D.O. Valdeorras), Colección 68 Treixadura-Viña Costeira (D.O. Ribeiro), Adega Vella (D.O. Ribeira Sacra), Quinta das Tapias Colección Godello (D.O. Monterrei) e Señorío de Rubiós (D.O. Rías Baixas).

Artigos relacionados

Back to top button