OurenseÚltima hora

Quinta vitoria consecutiva para o Aceites Abril Ourense de voleibol

O conxunto feminino ourensán vencía 0-3 en Collado Villalba

Cunha nova vitoria regresaba o equipo feminino de voleibol Aceites Abril Ourense do pavillón Los Negrales, tras un “magnífico encontro que as ourensás dominaron dende o inicio ata o pitido final”, contra Collado Villalba.

Era o equipo local o que empezaba máis metido no encontro pero pouco a pouco o conxunto ourensán foille comendo terreo “con alternativas constantes no marcador nun set de infarto” que acabou favorable para as visitantes. O segundo set foi de superioridade galega impoñendo un xogo de grupo apoiado nunha boa defensa e un ataque demoledor que inclinou o marcador a un 14-25.

Tamén o terceiro set foi para o Aceites Abril (20-25), encadeando así cinco triunfos consecutivos dende o inicio de liga e situándose en segunda posición dunha clasificación que lidera o Sayre de Gran Canaria, claro favorito a ganar esta competición.

A vindeira semana o equipo ourensán recibirá en casa no pavillón O Pompeo, ao equipo asturiano La Curtidora Universidad de Oviedo, décimo clasificado.

Artigos relacionados

Back to top button