O técnico chega á cidade das Burgas para a vindeira tempada con experiencia no Carballiño FS, Estreliña de Verín e Ourense FS
O Sala Ourense FS está inmerso nas renovacións do equipo e a primeira novidade vén de ser presentada recentemente: Quique García será o novo adestrador para a tempada 2016/2017.
A través dun comunicado, a xunta directiva do clube xustifica a incorporación do técnico porque consideran “que é necesaria unha restruturación, pasando todo o corpo técnico a desenvolver funcións específicas da directiva”.
García aterra na cidade das Burgas con experiencia á fronte doutros equipos coma o Carballiño FS, o Estreliña de Verín ou o Ourense FS, entre outros.
Dende a dirección do clube anuncian que nos próximos días se farán públicas outras fichaxes.