CulturaEducaciónÚltima hora

Quiroga abre o prazo de inscrición para a posible realización dos campamentos de verán

Estará aberto dende o vindeiro luns, 22 de xuño, ata o día 30

O Concello de Quiroga abre o prazo de inscrición previa para a posible realización dos campamentos de verán, que se realizarían durante os meses de xullo e agosto. Poderase facer a inscrición previa dende o vindeiro luns, 22 de xuño, ata o día 30.

 

 

A documentación para a inscrición previa poderase retirar na Casa da Cultura. Dende o Concello explican que “este ano dada a situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, estase a traballar na elaboración dun protocolo de actuación para o desenvolvemento dos campamentos de xeito seguro. Isto levará consigo cambios nas actividades a ofrecer, no número de participantes e tamén nas condicións de admisión”.

Artigos relacionados

Back to top button