EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga abre o prazo para participar na XXXI Mostra do Mel

Imaxe dunha edición anterior da Mostra do Mel de Quiroga/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata o vindeiro 2 de agosto estará aberto o prazo para poder inscribirse na XXXI Mostra do Mel, que se celebrará en Quiroga o vindeiro 10 de agosto. O Concello anunciábao a través dun bando do alcalde, Julio Álvarez, no que se daba conta da apertura do prazo dende o 14 de xullo. Os interesados deberán realizar a súa inscrición na Casa da Cultura da vila.

Artigos relacionados

Back to top button