DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Quiroga acolle o I Campamento Galego de Veteranos de Espeleoloxía

Desenvolverase do 30 de outubro ao 1 de novembro cun amplo programa de actividades

Coa apertura da mostra “A Espeleoloxía do G.E.S. Artabros” vén de encetarse en Quiroga o programa do I Campamento Galego de Veteranos de Espeleoloxía. Esta mostra, que propón un percorrido visual a través de 40 imaxes e dun audiovisual polos 40 anos de historia deste club coruñés (1975-2015), inaugurábase na mañá do 16 de outubro. Este acto servía tamén para presentar o programa deste primeiro encontro de veteranos galegos que se desenvolverá do 31 de outubro ao 1 de novembro en terras de Quiroga.

Durante estas xornadas os particpantes percorrerán varias das cavidades máis importantes da Serra do Caurel e participarán noutro tipo de propostas como visitas aos museos de Quiroga e saídas de sendeirismo polo entorno. Tamén nesa fin de semana desenvolverase a V Gala da Espeleoloxía Galega.

No acto de presentación participaban Manuel Díaz do Club Artabros, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de Deportes quirogués, Andrés Nóvoa. “Eliximos Quiroga para organizar este campamento porque é o centro da espeleoloxía de Galicia, en cavidades é a zona que máis ten e tamén porque foi aquí onde se empezou a práctica nos anos 60 polo Club Montañeros Celtas”, explica Díaz.

Este I Campamento Galego de Veteráns será organizado polo Club Artabros e conta co apoio da Federación Galega de Espeleoloxía e do Concello de Quiroga, “que nos cede as instalacións e a quen lle estamos moi agradecidos”, engade Manuel Díaz.

Texto: A.R.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button