DeportesÚltima hora

Quiroga acollerá, o 1 de decembro, o Campionato Galego de Remudas de orientación

Na proba, que porá o broche á tempada de orientación, entregaranse os trofeos da XXVIII Liga Galega de O-Pé 2018 con varios podios para os ourensáns
Cartel da competición en Quiroga.

A localidade lucense de Quiroga acollerá o vindeiro 1 de decembro, o campionato galego de remudas de orientación. Da man do Club Peña Trevinca Barco e o Concello, a proba comezará ás 11h. dende o albergue da localidade e desenvolverase na modalidade de sprint urbano con orientación en liña. A saída da primeira posta será en masa conxunta de todas as categorías.

Tal como avanzan dende a organización, as inscricións realizaranse mediante formulario que estará dispoñible na páxina web do evento e estarán canalizadas exclusivamente a través dos clubs. Os participantes que desexen competir e non formen parte dun club terán que poñerse en contacto con algún dos clubs da FEGADO para ser incluídos no formulario de inscrición.

Para optar ao campionato galego os equipos terán que estar formados íntegramente por orientadores do mesmo club, sendo o equipo mixto. Todos os membros dun equipo teñen que dispoñer da licenza FEDO da tempada. A data límite de inscricións será o domingo 25 de novembro ás 23:50h.

A proba servirá de despedida da tempada de orientación galega, por iso aproveitarase para entregar os trofeos da XXVIII Liga Galega de O-Pé 2018 con varios podios para os orientadores ourensáns: Xan M. Trigo Recarey (Peña Trevinca Barco), 1º M 40; Francisco Camba Rodríguez (Peña Trevinca Barco), 1º M 21B; Lisardo Vázquez Fernández (Peña Trevinca Barco), 3º M 21B; Diego Fariña Rodríguez (A.D. Limiactiva), 2º M 14; Alba Osorio Míguez, 3ª F 18; Cristina Neta Pérez (Peña Trevinca Barco), 2ª F16; Mailén Aller Pfirter, Peña Trevinca Barco), 2ª F 12; e  Club Peña Trevinca-Barco, 3º por clubs na categoría de Menores.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close