EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga afonda no mundo do olivicultura e na análise sensorial do aceite

Unha trintena de persoas asisten dende o 18 de febreiro ao curso "Decubre o mundo do aceite"

 

Na tarde do 18 de febreiro comezaba a impartirase nas instalacións do Museo Etnográfico o curso de oleicultura e cata de aceites “Descubre o mundo do aceite”. Nesta acción formativa, na que se realiza unha introdución á análise organoléptica do aceite, participan unhas 27 persoas.

Os docentes do curso son membros da asociación do aceite AMIAQUIGAL: o biólogo da marca xenérica Aceite de Quiroga, José Espinosa Sánchez, e a enxeñeira técnica agrícola, Montserrat Liceras Pascual.

A xornada de onte centrábase na situación actual da olivicultura en Galicia, na definición de aceite de oliva virxe e na normativa da etiquetaxe. A partir de agora as xornadas serán xa específicas de como descubrir os estímulos e a percepción dos aceites e de cómo desenvolver unha cata.

 

 

Cada xornada formativa, con tres horas de duración, rematará cun pequeno debate entre todos os participantes. Este curso, que se desenvolverá ao longo de nove días en horario de tarde, busca achegar aos participantes ferramentas e criterios obxectivos que lles permitan diagnosticar e valorar o aceite dende as súas impresións sensoriais asociadas a unha calidade ou estado do produto.

“Con estas xornadas formativas, gratuítas para os participantes, o Concello de Quiroga, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, quere contribuír á promoción dos produtos da zona e apoiar os sectores económicos que se asentan neles”, segundo se informa dende a administración local.

Por outra banda, dende o Concello están xa a cuantificar a colleita de aceite deste ano, que nestes momentos está no proceso de decantación. “Unha colleita que sobrepasa os 40.000 litros, dos cales se comercializarán uns 22.000, xa que moito deste aceite que se produce no Val do Sil, segue sendo para autoconsumo”, tal e como adianta o Concello de Quiroga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close