ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga aproba o plan de actuación para o risco de rotura da presa de Sequeiros

Publicidade
Fachada da Casa do Concello de Quiroga.

 

A Corporación Municipal aproaba por unanimidade en pleno o Plan de Actuación Municipal para o risco de rotura da presa de Sequeiros. Este acordo tomábase na sesión celebrada o 16 de novembro. O citado plan xa contaba coa homologación da Comisión Técnica Permanente do Servizo de Prevención e Análise de Riscos da Xunta de Galicia.

“Este Plan de Actuación Municipal ten a finalidade de conseguir a máxima protección para a poboación que se atopa nas zonas inundables e, no posible, reducir os danos que poidan producirse nos bens e servizos esenciais, de acordo cos medios e recursos locais dispoñibles plenamente integrados na organización do Plan Especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións en Galicia”, tal e como informa o Concello de Quiroga,

A partir de agora o proceso continúa coa publicación do plan no Diario Oficial de Galicia no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que se pode consultar no taboleiro de anuncios do concello. A súa aplicación implica “avisos á poboación afectada, cortes e control de estradas, establecemento de puntos de encontro ou afastamento, procedementos de evacuación e asistencia sanitaria e social; polo que implica a actuación dos GES, da Garda Civil, da Policía Local e dos grupos locais de apoio técnico, loxístico e de seguridade”.

O plan que considera tres fases diferenciadas a de pre-emerxencia, emerxencia e volta á normalidade, sería aplicable ás poboacións e lugares habitados pertencentes ao Concello de Quiroga que estean situadas en zonas afectadas pola inundación: Os Novais, A Barca do Castelo, Quiroga, Espandariz, O Nocedo, Parada de Lor, O Freixeiro e todas as casas illadas que se atopan na marxe dereita do río Sil e do río Quiroga).

No caso do risco de inundación por rotura de presa, a medida mais eficaz é o afastamento ou evacuación, de forma áxil e ordenada. Polo que o plan contempla once puntos seguros de evacuación, así como a ruta a seguir para chegar a eses puntos – o Centro Social dos Novaes, a Capela de Caspedro, A praza de San Xulián de Arriba, a praza de Pacios de Mondelo, o antigo cárcere de Quiroga, a adega do Mané (Quiroga), o almacén de Caurelor (Espandariz), a curva do Cereixal (Nocedo), a praza das Covas, o camiño da serra en Parada do Lor e o acceso a Santa Andrea -. No plan tamén se contemplan cinco locais que poderían acoller á veciñanza en caso de ter que permanecer evacuada (os locais sociais dos Novaes, Campos de Vila, A Ermida e Lamas de Lor e a antiga cárcere de Quiroga).

Artigos relacionados

Back to top button