En portadaÚltima hora

Quiroga, baixo as leis do Imperio romano

Esta localidade lucense celebra neste sábado 17 de agosto a súa VI Festa castrexo-romana Qui-Roma, na que sobresae o seu desfile “Arde Loucos”, seguido da loita de gladiadores

As lexións romanas volven desfilar por Quiroga. Dous mil anos despois de que o Imperio explotase as súa riqueza aurífera, esta vila recrea neste sábado 17 de agosto o seu pasado imperial coa VI Festa catrexo-roma Qui-Roma. O seu programa, cun variado abano de propostas, iniciábase esta mañá coa terceira ruta de cabalos, seguida de exposición de bois (da gandeiría de Mario Nogueira) e exhibición de cetrería. Tamén se impartían obradoiros infantís.

Tampouco faltaba a música tradicional, que animaba o mercado qui-romano, situado nesta ocasión nas proximidades do auditorio da vila. Numerosas persoas, vestidas tanto de castrexos como de romanos, percorrían os seus postos de artesanía, gastronomía, marmeladas e tamén licores artesáns, neste caso valdeorreses.

A partir das sete da tarde haberá unha demostración de cetrería e xa ás 20 horas dará comezo o desfile “Arde Loucos”, que dará paso á xa tradicional loita de gladiadores que, a diferenza doutras edicións, neste ano será na praza do Auditorio. E rematará a festa cunha gran paella e unha discoteca móbil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button