Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga celebra a primeira feira tras o inicio do estado de alarma

O Concello establecía uns requisitos mínimos de distanciamento entre os postos co fin de garantir a seguridade e a distancia entre traballadores, clientes e viandantes

Feira en Quiroga./ Imaxe cedida.

 

Na mañá deste mércores 27 de xuño, dous días despois de entrar na fase 2 da desescalada, tiña lugar en Quiroga a primeira das feira dende que o Goberno decretara o Estado de Alarma. Pasaron xa máis de dous meses sen poder ter lugar estas citas que se celebran os días 10 e 27 de cada mes.

O Concello de Quiroga autorizaba a semana pasada a realización de feiras e mercados tradicionais (despois de que se lle permita ás administracións locais decidir a súa apertura) e establecía uns requisitos mínimos de distanciamento entre os postos co fin de garantir a seguridade e a distancia entre traballadores, clientes e viandantes. Á vez, daba preferencia a aqueles postos de venda de produtos alimentarios e de primeira necesidade.

Precisamente estes postos eran os que se situaban esta mañá no recinto feiral. Vendedores de produtos de alimentación, de plantas de horta e postos de polbo foron os que acudiron a unha feira menos concorrida do habitual.

Dende o Concello de Quiroga apelaban unha vez máis á responsabilidade tanto de tendeiros como de clientes para cumprir a normativa marcada nesta nova fase de desescalada e de volta a unha relativa normalidade e recordaban a importancia de manter a distancia social.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close