ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Quiroga celebra a súa primeira “Noite Branca”

Nesta festa do comercio participan unha decena de establecementos

 

A partir das 21h. deste venres 31 de xullo poñíase en marcha a primeira edición da “Noite Branca” de Quiroga, promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

Un total de dez establecementos sumábanse a esta festa do comercio, que se prolongará ata a medianoite e na que os locais locen engalanados con globos e guirnaldas. Ademais parte da súa mercadorías exponse na rúa.

Todas as persoas que realicen algunha compra dentro deste horario, entrarán no sorteo dunha cesta de vales de 10€ (en total 100 €) para gastar nos comercios participantes. A data límite para canxealos será o 31 de decembro.

“Escollemos este venres 31 de xullo para celebrar a Noite Branca, porque este mesmo día celébrase tamén o “Vernes de Tapaza”, idea que tamén partiu da mesma asociación, sendo este mesmo o cuarto venres que se organiza”, explican dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

 Establecimientos participantes na “I Noite Branca de Quiroga”

ALJAYDE
COIDÁMOSTE
ENXÓGATE
ETNA WEARSHOP
LIBRERÍA CARMEN
LIBRERÍA CELIA
QUIROGA FLOR
MILAR SECINGA
XOBEL
Z&C

Fotos: Carlos G. Hervella.

Información e fotos sobre o “Venres de Tapazas”:
https://www.osil.info/cuarto-venres-de-tapazas-en-quiroga/

Artigos relacionados

Back to top button
Close