EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga celebra a festividade do seu patrón, San Martiño

O acto central será o magosto, con castañas e viño, a partires das sete da tarde na praza Maior
Asando as castañas na praza Maior de Quiroga. /Foto: Carlos G. Hervella.

A localidade de Quiroga celebra mañá a festividade do seu patrón, San Martiño, un festexo vinculado ao outono e aos magostos que fan do 11 de novembro un día especial neste municipio do sur de Lugo, cun programa organizado dende o Concello no que teñen cabida actividades de índole moi variado, dende deportes e os tradicionais cultos, ata o mangosto, xogos, etc.

O deportivo será o apartado que abra a xornada, coa celebración a partires das 11h. do I Día da Bicicleta. Unha hora despois, ás 12h. terá lugar a misa solemne e a procesión, así como a sesión vermú que estará amenizada polo grupos de danzas e a banda de gaitas San Martiño.

Os xoves da vila serán os protagonistas da tarde. Aos máis pequenos están dirixidos os xogos populares infantís que se desenvolverán na praza Maior a partires das 16h; e aos máis mociños e público en xeral, o partido de fútbol que ás 16:15h. enfrontará aos xuvenís do Quiroga F.C. e Polvorín (Lugo), no campo de San Martiño. Con todo, será a partires das sete da tarde cando teña lugar o acto central do día: o magoto popular na praza Maior. Unha multitudinaria festa popular amenizada polo dúo Camelia no que os veciños poderán degustar suculentas castañas asadas á grella e viño novo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button