ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga celebra o Día de Galicia

O Concello ten programados diversos actos musicais e culturais para este sábado 25 de xullo

O Concello de Quiroga celebra, como cada 25 de xullo, o Día de Galicia. Para este domingo están programados diversos actos que comezarán a unha do mediodía coa recepeción aos colectivos culturais do municipio no salón de sesións da Casa Consistorial.

Alí entregaránse os premios do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”, convocado pola Área de Xuventude. Todos os traballos presentados ao certame poderanse visitar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura dende ese mesmo día.

A xornada estará amenizada por música tradicional galega ao cargo do grupo local de gaitas “O Recanto”,  que actuará diante da Casa do Concello. Tras esta actuación, na que tamén se interpretará o Himno de Galicia, o grupo fará unha alborada polas rúas da vila. A partir das oito da tarde, o grupo musical “Os Caliqueños” porá fin a esta xornada festiva.

 

Cartel promocional da xornada.

 

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button