En portadaÚltima hora

Quiroga celebrará ao seu patrón co programa “San Martiño, o viño no Camiño”

Publicidade
Cedida.

 

A Comisión Organizadora do San Martiño, presidida polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, reuníase para a organización do programa de actos que se desenvolverán este ano a carón do 11 de novembro para celebrar o Patrón da vila de xeito especial conxugando dous elementos de gran importancia para o noso municipio o viño e o Camiño de Inverno a Santiago baixo o programa “San Martiño, o viño no Camiño”.

Varios son os factores que propiciaron esta edición especial do San Martiño. Por unha banda a importancia do viño como elemento esencial na paisaxe, na economía, nas costumes e tradicións. A historia e a literatura reflicten a súa importancia no pasado e no presente do Camiño de Inverno e concretamente no tramo que atravesa o Concello de Quiroga onde se colleita unha gran parte da uva para elaborar os caldos da D.O Ribeira Sacra.

Por outra banda, e por mor da pandemia O Concello de Quiroga non puido celebrar a Feira do Viño como era tradición. Dada a importancia deste produto a programación cultural municipal desenvolveu numerosos actos ao longo do ano para enxalzar este produto: primeiro, coincidindo coas datas de celebración da Feira do Viño na Semana Santa; logo no verán, os días 24 e 25 de xullo, data na que se pretendía desenvolver a feira e agora, a carón do día de San Martiño, seguimos a promocionar e recoñecer este prezado tesouro para os quirogueses.

Así este ano o amplo programa de actividades musicais, deportivas e culturais que conformará o programa “San Martiño co viño no Camiño” desenvolverase na vila pero tamén en varios lugares estratéxicos do tramo do Camiño de Inverno que discorre polo municipio ao longo de varios días.

Artigos relacionados

Back to top button