ConcellosÚltima hora

Quiroga celebrará o San Martiño sen o tradicional magosto na praza

Mañá, mércores 11 de novembro, conmemorarán o día do patrón nesta localidade lucense

Publicidade
Panorámica de Quiroga no outono.

 

Igual que todas as celebracións dende que comezou a pandemia do coronavirus no mes de marzo, a celebración do San Martiño, patrón de Quiroga neste 2020 será totalmente distinta.

Nestes momentos, dada a situación de toda Galicia na que están restrinxidas as reunións de máis de seis persoas e que o Concello de Quiroga suspendeu de momento todas as actividades que poidan supoñer agrupación de veciños, poucos son os actos que se poderán celebrar ese día. Así e todo, non  faltará a músia, con alboradas pola mañá e pola tarde que percorrerán as principais rúas da vila. Ás 11 horas, faráo o grupo local O Recanto e ás 18 horas será o grupo de música tradicional Entre Lusco e Fusco o que poña a música polas rúas. Os actos relixiosos celebraranse ás 12 horas na igrexa cun aforo do 50%, como decretou a Xunta.

Tamén se tirarán bombas de palenque anunciando a festividade e a Televisión Municipal ofrecerá ás 14 horas unha programación especial dedicada ao San Martiño e ao Magosto, típico destas datas, que este ano non se pode levar a cabo.

Artigos relacionados

Back to top button