DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Quiroga, centro neurálxico do voleibol galego nesta Semana Santa

As seleccións cadete e infantil feminino concéntranse dende hoxe ata o sábado 20 de abril

Primeiro foron os equipos masculinos (concentrados do 15 ao 17) e agora tócalle o turno aos femininos. Dende hoxe e ata o sábado 20 de abril, o pavillón municipal de Quiroga acolle a concentración feminina cadete e infantil da Federación Galega de Voleibol.

Ás ordes do seleccionador, toman parte nos adestramentos tres membros da Selección Permanente: a quiroguesa Carolina Camino, Lucía Varela e María Otero. Lidia Figueira non pode asistir por un compromiso coa selección nacional sub 16.

Fotos cedidas.

Máis información no seguinte ligazón: https://osil.info/concentracions-de-voleibol-de-semana-santa-en-quiroga/

 

Artigos relacionados

Back to top button