SanidadeÚltima hora

Quiroga, concello solidario co Alzheimer

AFAMON entregáballe esta acreditación nun acto celebrado o 6 de marzo na localidade lucense
Acto de entrega de acreditacióin de AFAMON ao Concello de Quiroga.
Acto de entrega de acreditacióin de AFAMON ao Concello de Quiroga.

Representantes da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte, AFAMON, facían entrega no Concello de Quiroga da acreditación de “Localidade Solidaria co Alzheimer”. Este acto tiña lugar despois de que a Corporación quiroguesa aprobase en pleno o 17 de setembro de 2014, por unanimidade, a proposta feita por AFAMON de declaración como concello Solidario co Alzheimer.

Ser solidario co Alzheimer significa, segundo explican dende esta entidade, “contribuír a expandir a mensaxe da necesidade dunha política de Estado sobre o Alzheimer, informar aos seus cidadáns sobre a enfermidade e as súas consecuencias, promover as accións relacionadas coas súas asociacións máis próximas, facilitar a difusión desta mensaxe”, entre outras cuestións.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close